Rebeca, 8 anos

Ola, teño diabetes Mellitus  tipo 1, é unha enfermidade crónica, eso quere dicir… para toda a miña vida.

Teño que mirar a glicosa antes e despois das comidas, e antes ou durante ó facer exercicio e de ir xogar cos meus amigos ao parque, e antes de durmir…

Teño que por dous tipos de insulina, unha lenta que me cubre todo o día e outra rápida para cada comida.

Teño que pesar todo o que como, para contar os hidratos de carbono que vou inxerir.

Teño que aprender a corrixir unha hipoglicemia e unha hiperglicemia e mudar os lugares onde poñer as inxeccións.

Teño que levar na miña “mochila” tódolos días os meus aparellos de medición e suplementos doces para evitar un baixón.

Ben e todo, fago unha vida normalizada, vou á escola, adestro a baloncesto

e patinaxe e o que máis me gusta é ir ao parque a xogar cos meus amigos.

Quero estudar a carreira que máis me guste, e cando sexa adulta, traballar

sen condicións nin restricións por ter diabetes.

Quero ter os meus soños e se fagan realidade … a ver si adiviñas cales son?