Raúl, 10 anos

Recén entrado o inverno de 2019 algo pasaba no meu corpo que fixo que todo cambiase.

A fame esfumábase a horas nas que normalmente solía comer, estaba moi canso. Outras veces comía coma un tolo, sin control.

Meus pais pensaban que estaba medrando porque me vían moi fraco. Ese día tiña que levar un zapato de cada cor ó colexio porque estaba ahí o carnaval!!

En realidade eu case non daba arrastrado os pés do mal que estaba. Qué amargura recordar!!

Meu pai levoume á miña pediatra e alí saltou unha alarma para toda a miña vida: DIABETES.

No aparcadoiro do hospital díxenlle a meu pai: Non podo mais!!

O meu corpo non soportaba mais descontrois no sangue. Pasei 5 días ó coidado dos médicos e despois empezou para min o novo futuro.

Sempre rodeado de agullas, insulina, balanza, alarmas e moita comprensión por parte dos que me rodean.

Que nunca me falten forza, valor, paciencia e cariño porque queda moita VIDA por VIVIR, CON DIABETES.

Os compoñentes desta gran familia ANEDIA precisamos a axuda de todos, e sobre todo dos que nos gobernan, para que que nos axuden en todo o que poidan, para que teñamos un mañán mais doce de vivir.

Graciñas!!!