Ás veces pensamos que a tecnoloxía só serve para “estar en internet”… pero tamén pode facer algo moi importante: axudar a organizar mellor un proxecto e chegar a máis persoas sen perder o lado humano. 💙
No novo episodio de Ames en Dixital, Mari, presidenta de Anedia , conta como ferramentas como a web, as redes sociais ou incluso unha app lles axudaron a mellorar a comunicación coa comunidade, organizar actividades e acompañar ás familias no día a día.
Porque detrás dunha boa organización dixital hai algo moito máis importante: tempo, apoio e persoas. 🙌
Grazas, Mari, por compartir unha experiencia tan real e inspiradora 😊
🎧 Podes escoitar o episodio completo en Spotify → Ames en Dixital
