
Hoxe demos comezo ao Proxecto de investigación sobre Diabetes e Deporte
Realizamos a primeira parte do estudo coa recollida de formularios e a realización das probas físicas. Un primeiro paso moi importante para comezar a xerar coñecemento sobre deporte e diabetes.
Grazas a todas as familias que participastes hoxe pola vosa implicación e dispoñibilidade. Sen vós, a investigación non sería posible.
Seguimos avanzando xunto coa Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da @universidadedevigo , convencidas de que fomentar a investigación tamén é coidar o futuro das persoas con diabetes.