O noso PROXECTO BOLECHAS faise maior e dase a coñecer máis alá das fronteira galegas. No Diabetes Experience Day (DED) celebrado en Albacete presentamolo ao público asistente, e chamou a atención tanto a profesionais sanitarios, asociacións e familias en xeral, que nos transmitiron a súa admiración polo proxecto, confirmandonos que imos polo bo camiño.
Un proxecto que está publicado só en galego, polo menos de momento, e que é posible grazas á subvención da área de Cultura da Deputación da Coruña, que leva apoiando este proxecto dende o 2018.
A diabetes está presente en todos os ámbitos da nosa vida e dende ANEDIA queremos darlle a volta a isto, e facer a diabetes VISIBLE en todas aquelas áreas vitais, sendo a Cultura un camiño no que non existían iniciativas deste tipo.
Un proxecto que vai medrando coa axuda de todos, un proxecto no que a familia Bolechas xa é unha máis das familias de ANEDIA.