Proxecto BOLECHAS.


OS BOLECHAS COÑECEN O QUE É A DIABETES

Cando nace ANEDIA, unha das grandes carencias detectadas era a falta de información sobre diabetes, e sobre todo orientada aos nenos e nenas que vivían con diabetes. Non se dispoñía de materiais propios que nos axudasen a explicar o que pasaba cando chega a diabetes as nosas vidas.

De ahí nace este proxecto,  os Bolechas da Editorial Bolanda eran un aliado cunha ampla traxectoria profesional e que os nenos xa coñecían, grazas á subvención cultural da Deputación de A Coruña nace a nosa primeira publicación propia. OS BOLECHAS COÑECEN O QUE É A DIABETES. Un libro que fala dun diagnóstico de diabetes e onde se explica a nivel dos máis pequenos o que é  da diabetes e como se vive con ela.

Agardamos que vos sexa de utilidade.  Descarga o libro no seguinte enlace:

E CHEGA MANUELA……

Despois da boa acollida do primer libro dos Bolechas, queríamos contar coa  visión do profesorado, varias mestras as que consultamos sobre a súa visión da enfermidade e a súa experiencia dixéronnos que para elas o importante era achegarse á importancia da normalidade da enfermidade no centro educativo.

Isto é, presentar unha realidade que vai cambiando ao longo do curso pola implicación, apoio e empatía de profesorado e alumnado. Que é o que nos vai presentando Manuela neste libro.

Pero son situacións tamén aplicable a outros ámbitos da vida das nenas e nenos con diabetes: deportes, actividades extraescolares, lúdicas, familiares,…..

Descargao no seguinte enlace : Manuela é nova na escola.

 

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

SEGUIMOS CO CADERNO DE ACTIVIDADES

Este caderno de actividades complementa os dous libros anteriores “Os bolechas saben o que é a diabetes” e “Manuela é nova na escola”, pero desta vez con actividades pensadas para todas as idades, e tamén para realizar coa familia.

Un proxecto adicado a pediatría no que colaboraron con nós pediatras de toda Galicia, e que serve de repaso aos conceptos básicos en diabetes, dun xeito lúdico e dinámico grazas ao bo facer de Bolanda Edicións responsables da elaboración do libro a partir das ideas aportadas polos servizos de pediatría.

Estes exemplares están a disposición dos hospitais e de centros educativos para o traballo cos menores e a súas familias, pero tamén serven para traballar na casa cando temos alguén da familia con diabetes.

Descarga o libro no seguinte enlace: Os Bolechas. CADERNO DE ACTIVIDADES.

 

AMIGAS E AMIGOS CON DIABETES.

Nun cuarto volume do proxecto Anedia e Os Bolechas tratamos o tema da tecnoloxía, porque é algo que marca agora mesmo unha diferenza externa entre as persoas que teñen diabetes e as que non. Agora é máis frecuente ver a persoas con sensores e bombas na praia, nos parques, no traballo…

Por iso debemos dar a coñecer e informar tanto aos seus compañeiros á súa contorna en xeral o que isto supón, son nenos e nenas que poden facer de todo, e teñen unha axuda extra que sería ese sensor ou esa bomba para axudarlle a xestionar mellor a súa diabetes, por iso neste libro a parte visual é tan importante.

Neste caso fálase da tecnoloxía que levan estes menores e explícase para que se utilizan, que é un sensor, que é unha bomba, como funciona e de forma transversal que os nenos e nenas eh poden facer o mesmo con diabetes poden facer o mesmo que os seus compañeiros, poden facer todo tipo de actividades, só necesitan unha pequena axuda coa xestión e supervisión da súa diabetes.

O número de alumnado con diabetes está a crecer a un ritmo moi alto segundo os últimos datos máis dun 10% anual tomando como fonte de referencia os casos de alerta escolar ,por iso é moi importante traballar cos coles e centros educativos, somos conscientes de que son máis de 1.150 nenos nas aulas galegas con diabetes e non é posible deixar a diabetes na súa casa senón que lla levan como unha mochila extra.

Este libro é posible grazas á subvención da área de cultura da Deputación de Coruña e por primeira vez contamos cun libro con dúas edicións, unha en galego e outra en castelán. Grazas ao apoio da empresa de tecnoloxía en diabetes DEXCOM.

Descarga o libro no seguinte enlace: Os Bolechas. Amigas e amigos con diabetes.