Programa de Atención a Diabetes Tipo 1


No 2021 o obxectivo principal que nos marcamos dende ANEDIA  é acometer unha atención integral ás familias que conviven coa diabetes, centrados no paciente, pero atendendo a todos os membros da unidade xa que a diabetes vívese en familia.

Cada vez son máis frecuentes os debuts, pero tamén as persoas adultas que debutaron fai anos e van chegando a ANEDIA en busca de información e axuda.

Así que nos marcamos para este 2021 todo un reto, co programa SOMOS TIPO 1.

Un programa que vai intentar facer unha análise da situación dos pacientes tipo 1 en Galicia, en todas as idades: nenas, nenos, xente nova e  persoas adultas. Para estudar ben cales son as súas necesidades e tamén as súas fortalezas como pacientes .

Pero tamén queremos por en marcha un apartado que para nós é fundamental, que é o apoio psicolóxico específico para diabetes tipo 1, e pasiño a pasiño imos cumprindo os nosos obxetivos, e neste mes de Agosto comezaron as sesións de apoio tanto a pacientes como ás súas familias, porque agora elas son as protagonistas, e teñen que dar o seguinte paso que é pedir axuda.

Non escollemos un camiño doádo, pero neste proxecto imos sumar moitos #camiñosazuis que son imprescindibles e nos que levamos tempo traballando:

–     Sanidade, recursos e educación diabetolóxica.

–     Educación: formacións, apoio e recursos para as aulas.

–     Xurídico: asesoria xurídica e laboral.

–     Apoio Psicolóxico, formacións e atención persoalizada.

–     Programas comunitarios, divulgación e información.