Problemas de atención en Lugo.


Esta é a resposta oficial 📄 que repiten unha e outra vez dende a xerencia do HULA.

Fálase de “déficit estrutural de persoal”.
De “dificultades organizativas”.
De “esforzos”.

Pero mentres se explican as dificultades, os nenos e nenas con diabetes tipo 1 en Lugo seguen sen un equipo estable que leve o seu seguimento dende fai máis dun ano.

❗ A organización dos recursos sanitarios é responsabilidade dos xestores.
❗ A planificación do persoal é responsabilidade da administración.
❗ Garantir a atención adecuada é responsabilidade do sistema.

👩‍⚕As familias non poden substituír un equipo sanitario.
🩺Non poden asumir decisións clínicas soas.
🗣️Non poden vivir indefinidamente con medidas provisionais.

Estamos a falar de saúde infantil.
E esa responsabilidade ten nome: xestión sanitaria.

📣 Lugo precisa unha solución real XA.
Por favor compartide!