
Xa temos data para presentarvos o novo título de @osbolechas.oficial e ANEDIA, dentro do noso programa cultural COA DIABETES NA MOCHILA, subvencionado por @culturadadeputaciondacoruna .
Un título que non só está destinado aos máis pequenos con diabetes, senón a todas as familias, xa que aquí están representandas todas as idades, porque Vivir con Diabetes é algo crónico, e os diagnósticos poden ser en nenas e nenos pero tamén na idade adulta.
Un libro que poderedes recoller neste acto no @concelloapobra , no auditorio da Biblioteca Municipal o vindeiro venres 13 de Marzo.
Acto aberto a todo o público interesado!