
Vivir con diabetes non é un libro só para nenas e nenos. Trata de mostrar que calquera de nós pode ter diabetes.
Antela e Lois amigos dos Bolechas, o pai de Avril ou a avóa de Zoe, os catro teñen diabetes, porque a diabetes non desaparece cando te fas maior, pero e que tamén pode aparecer máis alá dos 40.
Este libro forma parte do proxecto Bolechas, un proxecto cultura que facemos coa colaboración de Cultura de Deputación de Pontevedra.
Desta vez imos facer a presentación no Concello de A Pobra do Caramiñal este venres día 13 as 18.30 h.
Ven e podes levar o libro de xeito gratuito para a túa casa, para coñecer un pouco máis o que lle pasa a teu amigo, porque es un pai ou nai con diabetes, porque tes unha amiga ou amigo con diabetes ao que lle vai facer ilusión, porque aos teus pequenos lles gustan os Bolechas, ou queres levar ao teu cole este libro para traballalo.
Así que anota na axenda esa data e alí nos vemos.