
Hoxe estivemos no Hospital da Barbanza para acudir ao nomeamento do novo director, José Ramón Parada Jorgal que colle o relevo de Salvador Mariño, ao que lle desexamos a mellor das sortes no seu novo destino.
Os dous estiveron acompañados da xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez.
José Ramón Parada chega a Ribeira dende o servizo de Admisión do Hospital Clínico, e con moitos deberes por diante, pero conta cun equipo humano neste hospital que de seguro lle vai axudar a levar adiante os retos que están pendentes.
Agardemos que pronto a situación de falta de persoal tanto no Hospital da Barbanza coma no resto de centro de saúde da Comarca do Barbanza se resolva, porque a saúde ten que ir sempre por diante.
Agradecer á xerencia a súa invitación a este acto, e damos a benvida ao novo director.