Preparadas para o campamento!


Queda pouco para unha das actividades máis esperadas do ano: o campamento de verán de ANEDIA. Un espazo seguro, divertido e cheo de aprendizaxes entre iguais, pensado para que a diabetes non sexa un límite, senón parte da aventura.

Grazas ás familias que confiades en nós, ás persoas voluntarias que vos formades para acompañar, e ás entidades que nos apoian cada ano.
#CampamentoANEDIA #ProxectoBETA #XuventudeConDiabetes #EducaciónEnDiabetes