O Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Ourense,Verín e Valdeorras foi ️finalista na IX edición dos Premios Somos Pacientes na categoria sociedade, que recoñece accións orientadas ao fomento da participación dos pacientes.
Estar entre os tres finalistas xa é realmente un premio, pero o mellor para os pacientes e a implicación de Sergas Ourense cos pacientes e o traballo que realiza este Consello Asesor.
Esta implicación cos pacientes fixo que ANEDIA estivese presente en Madrid nesa entrega de premios, a nosa compañeira Elisa estivo acompañando a Belen Piñeiro responsable da área de atención ao paciente e humanización nesta ocasión.
Esta candidatura estaba sustentada no traballo que se está facendo desde este consello asesor, incorporando as asociacións como axentes activos na formación do Grao de Enfermería.
Noraboa a todos os nominados e premiados!
#somospacientes23 #