PREMIOS HUMANIZACIÓN


PREMIOS HUMANIZACIÓN ÁREA SANITARIA DE OURENSE, VERÍN E O BARCO DE VALDEORRAS

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras convocou no mes de xaneiro un concurso de ideas e iniciativas de humanización para aportar proxectos que poidan aplicarse nos hospitais e centros de saúde.

A esta convocatoria presentáronse 57 proxectos, 37 de profesionais e 20 de asociacións de Pacientes.

ANEDIA presentou tres iniciativas a este convocatorias e o proxecto de GLICO PICTOS, obtivo unha mención “ACCÉSIT ESPECIAL”.

“Glico Pictos”, propón empregar os pictogramas como peza clave para acadar a autonomía na inxesta de alimentos dos nenos/as con diabetes tipo 1. Tendo por obxetivo fundamental  mellorar a autonomía na toma de decisións á hora da inxesta dos hidratos de carbono, que é unha das grandes dificultades coas que se atopan as familias.

Para poder acadar unha mellora nesta autonomía, propónse empregar pictogramas, xa que a aprendizaxe observacional, nas idades mais tempranas, é unha metodoloxía moi eficaz, e axudará a adquisición de destreza nesta toma de decisions, para alcanzar os obxectivos glicémicos establecidos.

Vídeo entrega https://fb.watch/1nGmIpoeCV/

 https://www.laregion.es/articulo/ourense/area-sanitaria-creara-observatorio-edadismo/20200702232000957111.html