ANEDIA,
“Asociación de Nenas, Nenos, Xente Nova e Adulta con Diabetes de Galicia”
PLAN DE IGUALDADE ANEDIA 2026-2029
1. Declaración de compromiso
ANEDIA manifesta o seu compromiso coa igualdade efectiva entre mulleres e homes, coa non discriminación e coa promoción da participación igualitaria en todas as actividades da entidade.
A asociación incorporará de maneira transversal a perspectiva de igualdade, diversidade, inclusión e corresponsabilidade tanto na súa organización interna como nos programas e actividades desenvolvidos en beneficio das persoas con diabetes tipo 1 e das súas familias.
2. Ámbito de aplicación
O presente Plan de Igualdade será de aplicación a:
- Xunta Directiva.
- Persoal contratado.
- Persoal colaborador.
- Voluntariado.
- Persoas socias.
- Participantes nos programas, proxectos e actividades promovidos por ANEDIA.
A súa vixencia será de catro anos, desde a súa aprobación ata o 31 de decembro de 2029.
3. Diagnóstico da situación
ANEDIA é unha entidade de dimensión reducida que historicamente contou cun número moi limitado de persoas traballadoras, apoiándose principalmente no traballo voluntario, na implicación das familias e na colaboración de profesionais externos.
Da análise da realidade da entidade despréndese que:
- Existe unha elevada presenza de mulleres nos órganos de dirección e representación da asociación.
- A xestión e os coidados da diabetes das persoas menores continúan recaendo maioritariamente nas nais ou noutras figuras femininas de referencia.
- É necesario seguir avanzando na corresponsabilidade dos coidados e na implicación de todos os membros da unidade familiar.
- Non se teñen detectado situacións coñecidas de discriminación por razón de sexo dentro da entidade.
- Mantense a necesidade de utilizar unha linguaxe inclusiva e unha representación equilibrada da diversidade existente entre as persoas asociadas.
4. Obxectivos
Obxectivo xeral
Promover a igualdade de oportunidades e a non discriminación no funcionamento da entidade e no desenvolvemento das súas actividades.
Obxectivos específicos
- Favorecer a corresponsabilidade nos coidados e na xestión da diabetes.
- Garantir a igualdade de oportunidades na participación asociativa.
- Garantir procesos de selección, contratación e colaboración transparentes baseados nos principios de igualdade, mérito e capacidade.
- Promover unha comunicación inclusiva e respectuosa.
- Facilitar medidas de conciliación compatibles coa actividade da entidade.
- Previr situacións de discriminación, acoso ou trato desigual.
- Incorporar a perspectiva de igualdade de maneira transversal nos programas e proxectos de ANEDIA.
5. Plan de medidas e indicadores
| Área | Medida | Indicador | Seguimento |
|---|---|---|---|
| Gobernanza | Fomentar a participación equilibrada de mulleres e homes nos órganos de goberno, grupos de traballo e actividades da entidade, respectando en todo momento a libre participación das persoas socias. | Composición da Xunta Directiva e dos grupos de traballo por sexo. | Anual |
| Contratación e colaboración | Garantir que os procesos de selección, contratación e colaboración se baseen nos principios de igualdade, mérito e capacidade. | Número de procesos realizados sen incidencias ou reclamacións por discriminación. | Anual |
| Conciliación | Facilitar medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral mediante flexibilidade horaria, adaptación organizativa e outras fórmulas compatibles coa actividade da entidade. | Número de medidas de conciliación solicitadas e atendidas. | Anual |
| Participación | Promover a participación equilibrada das persoas socias nas actividades, programas e proxectos da entidade. | Porcentaxe de participación de mulleres e homes nas actividades en relación coa súa porcentaxe sobre o total de persoas socias. | Anual |
| Corresponsabilidade | Sensibilizar sobre a importancia da corresponsabilidade nos coidados e no manexo da diabetes, especialmente na infancia e adolescencia. | Porcentaxe de familias que declaran unha xestión compartida dos coidados e do control da diabetes da persoa menor fronte ás que declaran que a responsabilidade principal recae nunha única persoa coidadora, segundo a información agregada recollida pola entidade. | Anual |
| Formación | Garantir a igualdade de oportunidades no acceso ás actividades formativas organizadas pola entidade. | Distribución das persoas participantes por sexo, comparada coa distribución global das persoas socias. | Anual |
| Comunicación | Empregar linguaxe inclusiva e non sexista nas comunicacións internas e externas. | Revisión anual dos principais documentos, materiais e publicacións da entidade. | Anual |
| Actividades | Procurar unha participación equilibrada de mulleres e homes, nenas e nenos, nas actividades de lecer, deportivas, culturais e formativas. | Distribución das persoas participantes por sexo, comparada coa composición da masa social. | Anual |
| Prevención da discriminación | Garantir un entorno libre de discriminación e acoso. | Número de incidencias comunicadas e resoltas. | Anual |
6. Conciliación
ANEDIA procurará facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral mediante medidas de flexibilidade horaria, adaptación organizativa e outras fórmulas compatibles co correcto desenvolvemento dos programas, servizos e obrigas derivadas das subvencións, convenios e contratos da entidade.
As medidas de conciliación aplicaranse baixo os principios de igualdade de oportunidades, corresponsabilidade e non discriminación.
7. Prevención da discriminación
ANEDIA non tolerará ningunha situación de discriminación por razón de sexo, identidade de xénero, orientación sexual, idade, discapacidade, orixe, situación familiar ou calquera outra condición persoal ou social.
Calquera incidencia poderá ser comunicada á Xunta Directiva ou á persoa responsable do seguimento deste Plan de Igualdade para a súa valoración e adopción das medidas oportunas.
8. Seguimento e avaliación
A Xunta Directiva realizará unha revisión anual do presente Plan de Igualdade.
ANEDIA incorporará á memoria anual de seguimento, cando menos, os seguintes indicadores:
- Número total de persoas socias por sexo.
- Porcentaxe de mulleres e homes sobre o total da masa social.
- Composición da Xunta Directiva por sexo.
- Número de persoas traballadoras e colaboradoras por sexo.
- Participación de mulleres e homes nas actividades desenvolvidas durante o ano.
- Comparación entre a porcentaxe de participación e a porcentaxe de representación na masa social.
- Datos agregados sobre a distribución das responsabilidades de coidado e xestión da diabetes entre as familias participantes.
- Número de medidas de conciliación aplicadas.
- Número de incidencias relacionadas coa igualdade, discriminación ou acoso.
- Propostas de mellora para o exercicio seguinte.
9. Persoa responsable
A Xunta Directiva designará entre os seus membros unha persoa responsable do seguimento do presente Plan de Igualdade.
As súas funcións serán:
- Impulsar a aplicación das medidas previstas.
- Coordinar a recollida dos indicadores de seguimento.
- Elaborar un breve informe anual de avaliación.
- Propoñer actualizacións ou medidas de mellora cando resulte necesario.
10. Vixencia e revisión
O presente Plan de Igualdade terá unha vixencia de catro anos, desde a súa aprobación ata o 31 de decembro de 2029.
Poderá ser revisado con carácter extraordinario cando se produzan cambios significativos na estrutura, funcionamento ou actividade da entidade, así como por modificacións normativas que así o aconsellen.
ANEXO I. ENQUISA ANÓNIMA DE SEGUIMENTO DO PLAN DE IGUALDADE
Utilización dos resultados
Os resultados da enquisa incorporaranse á memoria anual de seguimento do Plan de Igualdade e empregaranse exclusivamente de forma agregada e estatística para:
- Avaliar a participación das persoas socias nas actividades da entidade.
- Analizar a evolución da corresponsabilidade nos coidados e na xestión da diabetes.
- Coñecer a percepción das persoas participantes respecto da igualdade de oportunidades.
- Identificar posibles melloras para futuras actuacións da asociación.
Enlace á enquisa: https://forms.gle/bwuFnrZoPAXunqKZ7
A participación neste cuestionario é voluntaria e anónima. Os datos obtidos utilizaranse exclusivamente de forma agregada para avaliar o cumprimento do Plan de Igualdade de ANEDIA.
1. Relación con ANEDIA
1.1. Cal é a súa relación principal con ANEDIA?
- ☐ Persoa con diabetes tipo 1
- ☐ Nai, pai ou persoa titor/a dunha persoa con diabetes tipo 1
- ☐ Familiar dunha persoa con diabetes tipo 1
- ☐ Persoa colaboradora ou voluntaria
- ☐ Profesional vinculado/a á atención, educación ou apoio ás persoas con diabetes
- ☐ Outra
2. Participación nas actividades
2.1. Participou nalgunha actividade organizada por ANEDIA durante o último ano?
- ☐ Si
- ☐ Non
2.2. En caso afirmativo, en cantas actividades participou aproximadamente?
- ☐ 1
- ☐ 2-3
- ☐ 4-6
- ☐ Máis de 6
3. Corresponsabilidade nos coidados
3.1. No referente á xestión diaria e aos coidados da diabetes da persoa menor, como se distribúen habitualmente as responsabilidades na súa unidade familiar?
- ☐ Son asumidas principalmente por unha única persoa.
- ☐ Son asumidas maioritariamente por unha persoa, con apoio puntual doutra.
- ☐ Repártense de forma relativamente equilibrada entre dúas persoas coidadoras.
- ☐ Repártense entre varias persoas da unidade familiar.
- ☐ Non procede.
- ☐ Prefiro non responder.
3.2. Considera que a distribución actual das responsabilidades relacionadas coa diabetes na súa unidade familiar é:
- ☐ Moi equilibrada
- ☐ Bastante equilibrada
- ☐ Pouco equilibrada
- ☐ Nada equilibrada
- ☐ Non procede
- ☐ Prefiro non responder
4. Igualdade e participación
4.1. Considera que todas as persoas teñen as mesmas oportunidades para participar nas actividades de ANEDIA independentemente do seu sexo, idade ou situación familiar?
- ☐ Si
- ☐ Non
- ☐ Non sabe / Non contesta
4.2. Considera que ANEDIA promove unha participación inclusiva e respectuosa para todas as persoas?
- ☐ Si
- ☐ Non
- ☐ Non sabe / Non contesta
5. Propostas de mellora
5.1. Ten algunha proposta para mellorar a igualdade de oportunidades ou a participación dentro de ANEDIA?
________________________________________________________________________
________________________________________________________________________
Utilización dos resultados
Os resultados da enquisa incorporaranse á memoria anual de seguimento do Plan de Igualdade e empregaranse exclusivamente de forma agregada e estatística para:
- Avaliar a participación das persoas socias nas actividades da entidade.
- Analizar a evolución da corresponsabilidade nos coidados e na xestión da diabetes.
- Coñecer a percepción das persoas participantes respecto da igualdade de oportunidades.
- Identificar posibles melloras para futuras actuacións da asociación.
