Os nosos veráns.


Instalados xa no campamento xuvenil da Illa de Ons están desfrutando duns días en familia, así é como nos sentimos. Rapaces e rapazas, xunto a os monitores e voluntariado fan piña para pasar unha experiencia inesquecible.
Participan 46 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 12 e 17 anos acompañados de 4 monitores e 12 voluntarios que axudan na parte de diabetes, para que poidan gozar dun campamento onde se busca a diversión sen que a diabetes sexa un impedimento, e onde aprenden e repasan sobre diabetes sen apenas darse conta, nunha contorna onde levar un sensor ou unha bomba non supoña que se che sinala por diferente.
Grazas ao esforzo das familias, instituacións e empresas van disfrutar dun novo campamento de ANEDIA, os nosos veráns son moi especiais, os participantes e nós sabemos o porqué.