
O Campamento de Verán ANEDIA é unha das actividades máis especiais da nosa asociación. Un espazo único para a convivencia, a aprendizaxe en torno á diabetes e a diversión entre iguais nun entorno seguro, acompañado dun equipo de voluntarios e profesionais formados.
Este ano o destino escollido é o Porto do Son, na provincia da Coruña. Un pobo costeiro con moitas oportunidades para desfrutar do verán. Unha semana de convivencia, aprendizaxe e diversión nun entorno seguro e adaptado á diabetes. Teremos actividades, excursións, apoio 24h, equipo especializado e moita, moita ilusión!
As actividades centrais do campamento son: kaiak, paddle surf, rutas pola natureza, xogos na praia, veladas, etc.
O campamento “A vida nos castros” converterá o Albergue A Tarela, en Porto do Son, nun escenario de lendas vivas, onde cada participante será protagonista dunha aventura chea de diversión, aprendizaxe e conexión coa natureza.
Albergue A Tarela (Porto do Son) | Do 20 ao 26 de xullo
Prazas limitadas: 48
Quen pode participar?
-
Rapaces e rapazas entre os 12 anos (cumpridos no 2025) e 17 anos, con diabetes tipo 1.
-
Cada participante pode asistir cun/unha acompañante (irmán, curmán, amigo/a…) ao mesmo prezo que os socios.
-
Tamén abrimos prazas para socios sen diabetes e, finalmente, matrícula libre.
Que ofrecemos?
-
Un programa completo de actividades lúdicas e educativas.
-
Apoio continuo para o manexo da diabetes (material, supervisión e comunicación coas familias).
-
Atención a necesidades alimentarias e médicas.
-
Un teléfono operativo 24h durante o campamento.
Como confirmar a praza?
-
Encher o formulario de preinscrición.
-
Realizar o ingreso da reserva (50€ socios / 100€ resto).
-
Participar nunha entrevista co equipo responsable.
-
Cubrir os documentos específicos de saúde antes do inicio do campamento.
- Asinar os compromisos e responsabilidades.
Inscricións: formulario
-
Do 26 ao 31 de maio → Socios con DT1 e acompañantes
-
Do 1 ao 7 de xuño → Socios sen DT1
-
Dende o 8 de xuño → Matrícula libre
Prezos
- SOCIOS 200€ (Os acompañantes van ao mesmo prezo do socio).
- 2 irmás/irmáns – 380€
- Socios de outra asociación pertencente a FEDE 380€
- Outros 400€
Contacto 24h durante o campa
Hospital da Barbanza a menos de 15 min, en contacto co equipo
Non deixes pasar esta oportunidade de vivir un verán diferente, cheo de experiencias e amizades que duran para sempre.