OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, ODS e ANEDIA

ods

Dende ANEDIA, non podemos ser alleos ao que pasa arredor de nós, por iso en calquera dos nosos proxectos e accións, temos en conta os Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles, ODS.

En 2015, a ONU aprobou a Axenda 2030 sobre o Desenvolvemento Sostible, unha oportunidade para que os países e as súas sociedades emprendan un novo camiño co que mellorar a vida de todos, sen deixar a ninguén atrás.

A Axenda conta con 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que inclúen desde a eliminación da pobreza ata o combate ao cambio climático, a educación, a igualdade da muller, a defensa do medio ambiente ou o deseño das nosas cidades.

En ANEDIA, a o nivel que nós podemos, traballamos nos ODS afíns aos nosos fins e medios dispoñibles, cun enfoque multisectorial, baseados nos dereitos e con perspectiva de xénero.

En concreto no 2022 traballamos nos seguintes puntos:

OBXETIVO 1 . FIN DA POBREZA.

As persoas sen medio económicos non pagan cota na asociación e reciben axudas para participar nas nosas actividades.

OBXETIVO 3. SAÚDE E BENESTAR.

Este ODS alíñase directamente co obxectivos e fins de ANEDIA, onde se traballar pola saúde e benestar das persoas con diabetes, sexan ou non socios.

OBXETIVO 4. Educación de Calidade.

Un dos piares do nosos traballo é o ámbito educativo, onde se traballa para a inclusión real do alumnado con diabetes, que moitas veces sofre discriminación e unha falta de adecuación de medios á súa realidade. E se pode observar unha taxa de abandono das aulas superior ao habitual.

OBXETIVO 5. Igualdade de xénero.

Coma en outros ámbitos as desigualdades de xénero tamén se dan en diabetes. As coidadoras son habitualmente mulleres, que moitas veces teñen que abandonar o traballo para coidar do menor.

Por iso é outros dos puntos nos que se traballa en ANEDIA, a igualdade de xéneros.

OBXETIVO 8. Traballo Decente e Crecemento Económico.

Nos últimos anos cambiamos os estatutos para facilitar a entrada a socios adultos, o que fixo que medrase tamén os nosos obxectivos.

Sendo un deles a mellora de condicións e o acceso ao traballo por parte das persoas con diabetes.

OBXETIVO 9. Industria, Innovación E Infraestrutura

O desenvolvemento da innovación en diabetes nos últimos anos cambio moito a xestión da diabetes tanto en nenos coma en persoas adultas.

En ANEDIA facilitamos asesoramento sobre estas novas tecnoloxías aplicadas á diabetes. E traballamos para que a innovación chegue aos pacientes e as súas familias, conseguindo unha mellor calidade de vida.

OBXETIVO 9. Produción E Consumo Responsable.

A xestión da diabetes implica medicación, tecnoloxía, alimentación e deporte a día de hoxe.

Por iso tamén é importante falar de consumo responsable en diabetes, os recursos sanitarios son limitados e temos que ser conscientes e responsables.