Cada curso aumenta o alumnado con diabetes nas aulas, e prácticamente todo ten diabetes tipo 1, unha enfermidade autoinmune que segue a ser unha gran descoñecida, e que a miúdo ae confunde coa diabetes tipo 2.
Pero non só afecta ao alumnado, senón tamén ao profesorado e outro persoal.
Por iso cada vez é máis importante falar de diabetes nas aulas. Moitas veces a data do 14 de novembro día mundial da diabetes, non encaixa no calendario escolar por outro tipo de actividades, polo que vos invitamos a buscar algunha semana só longo do curso para facer algunha actividade.
O vindeiro xoves é o día mundial da diabetes e gustarianos compartir con vós algúns recursos por se queredes facer algunha actividade na aula.
Remitimos unhas infografias con actividades para infantil, primaria e secundaria.
Tamén temos á vosa disposición as nosas publicacións de Os Bolechas sobre diabetes no enlace https://anedia.gal/ proxecto-bolechas-2/
Os libros dos Bolechas tamén os temos dispoñibles en formato PVC tamaño A3, para poder ser expostos e manipulados, e realizar actividades complementarias e contacontos nos coles.
Decirvos que dende ANEDIA estamos á disposición de todos os centros educativos, ANPAS, concellos e outras entidades durante todo o curso para facer actividades cos rapaces e tamén para formacións.
Aproveitamos esta entrada para agradecer os esforzo que realizan a diario moitos mestres e mestras para axudar ao alumnado con diabetes!