O compromiso do Plan Social de ENCE segue máis forte.


Este mes queremos compartir un dato que nos enche de orgullo: o Plan Social de ENCE Pontevedra, que apoia iniciativas sociais, culturais e educativas na nosa contorna, abriu a súa sexta convocatoria en xuño de 2025 con 3 millóns de euros destinados a proxectos que melloran o benestar da comunidade.

Este Plan forma parte dun Pacto Ambiental entre ENCE e a Xunta de Galicia, e busca apoiar actuacións en inclusión social, educación e cultura, deporte de base, emprendemento e coidado do medio ambiente.

En ANEDIA estamos moi agradecidas de formar parte deste ecosistema de colaboración que fai posible o Proxecto BETA e moitas accións pola diabetes tipo 1. Grazas ao apoio do Plan Social de ENCE 2025, podemos seguir executando programas de formación, apoio emocional, encontros entre iguais e moitas das actividades que xa se veñen realizando ao longo do ano.
#PlanSocialEnce #ProxectoBETA #SaludYBienestar #InclusionSocial #DiabetesTipo1