O camiño de Leo e Lisa. Proxecto cultural

O camiño de Leo e Lisa. Proxecto cultural

No 2022 elaboramos un proxecto cultural para levar a cabo coa axuda da Deputación da Coruña.

En Xaneiro de 2022, cumpríronse 100 anos da primeira inxección de insulina a un neno, Leonard Thompson, podemos imaxinar a desesperación da súa familia para permitir que se administrase algo novo, que non funcionou, só uns días máis tarde o 23 de Xaneiro, unha vez refinada a insulina por Collip, membro do equipo de Banting e Best, a insulina por fin funcionou.

Lisa, Elizabeth Evans Hughes foi a filla Charles Evans Hughes que foi Gobernador de New York, secretario de Estado do goberno federal e presidente del Tribunal Supremo dos Estados Unidos. Lisa comenzou coa diabetes aos 11 anos no 1919, en agosto do 1922 pesaba 20, consumida pola diabetes, daquela unha doenza mortal que provocaba unha lenta agonía nos menores. Foi o 15 de Agosto, cando a súa vida cambio coa viaxe a Toronto para intentar salvarlle a vida coa nova medicación, a insulina.

A diabetes non se curou, pero fíxose crónica. A insulina acabou con aquelas inmensas salas de nenos en coma. E só un ano despois o Instituto Karolinska concedeu o Nobel a Banting e a Macleod. Elizabeth Hughes faleceu en 1981, cunhas 42.000 picadas de insulina ás súas costas. Ou, neste caso, quizá noutra parte do corpo. Como diciamos, non foi a primeira paciente, pero a súa fama (e a do seu pai) fixeron que o éxito da insulina abrise os xornais de toda América e Europa. Moitos expertos están convencidos de que o seu caso acelerou a penetración da insulina case dez anos, salvando moitísimas vidas. E ese foi o verdadeiro milagre.

Por iso este ano dende ANEDIA quixemos recordar a Leo e Lisa, e as súas familias, pioneiras da nosa realidade.

Do amplo proxecto cultural presentado conseguimos axuda financieira para levar a cabo unha pequena parte do proxecto, en concreto dúas actividades.

A primeira realizouse no campamento de verán de ANEDIA, aquí xuntamos a rapazas e rapaces de entre 11 e 17 anos, como eran Lisa e Leo, e poideron compartir experiencias, e para nós unha parte moi importante e coñecer o entorno no que vivimos e a cultura que moitas veces non vemos porque está sempre ahí. Escollemos o concello da Serra de Outes, un entorno rural da costa coruñesa e realizamos varias actividades entre elas unha visita ao Balandro histórico Vieta e unha achega a realidade cultura e socioeconómica da comarca de Noia.

A segunda foi un novo título dentro do proxecto Bolechas vinculado as idades máis novas, entre 5 e 10 anos, Amigas e amigos con diabetes, que de seguro se vai convertir un novo éxito entre os máis novos.