Novembro remata, pero seguimos.

Novembro foi intenso, cheo de accións polo Día Mundial da Diabetes e actividades de sensibilización en toda Galicia.

Queremos pechar o mes agradecendo o esforzo de todas as persoas que participaron: nas mesas, nos coles, nos eventos, e tamén nas xornadas Vivir con Diabetes. Este camiño facémolo xuntas.

E lembrade: en ANEDIA traballamos todo o ano para facer que a diabetes tipo 1 se entenda, se coide e se acompañe.
#PlanSocialEnce #ProxectoBETA #DiabetesTipo1 #SomosTipo1 #XuntasSumamos #RealDiabetes