Xa está aberta a inscripción na IX Milla Solidaria de Anedia – Móvete pola diabetes!
Vai ser o domingo 13 de Novembro na Avda. de Montero Ríos en Pontevedra, por fin volvemos ao formato de carreira popular na rúa, deixando atrás dous anos de pista.
Unha oportunidade de facer visible unha das doenzas máis invisibles que existen, a diabetes. De seguro que todos os que nos ledes tedes algunha persoa do voso entorno que convive coa diabetes. Así que ese domingo imos facela visible, contamos con todos vós!
Todos tomos o nosos sitio neste evento, que ademáis este ano vai ter moitas novidades, como é a presencia de varios colexios profesionais, neste caso xa está confirmada a presencia de Codinugal Galicia – Colegio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia , Colef Galicia – Colexio oficial de licenciados en educación física e Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia e o COPOGA – Colexio Oficial de Podólogos de Galicia
Pero este ano ademáis grandes sorpresas, como sempre da man do enorme Gonzalo Méndez Fraguas, como unha proba de relevos mixta que vai ser todo un espectáculo, de verdade que si.
Unha proba para todas as idades, con categorías menores Bob Esponja e Patrulla Canina para os máis peques da casa. Pero tamén retomamos a andaina final inclusiva apta para todas as personas que nos queirades acompañar nesa mañán de domingo.
Xa podes facer a túa inscripción na páxina
https://www.carreirasgalegas.com/…/6c0d442b-fc1e-4802…
Grazas á Deputación Pontevedra e ao Concello de Pontevedra pola súa colaboración.
Mención especial a Tino Fernández González e Marcos Rey Pazos polo seu gran traballo nas concellerías que dirixen.
E tamén a todas as entidades e empresas que nos apoian para levar a cabo esta iniciativa.