IX Milla ANEDIA

10 anos de Milla ANEDIA

Hoxe máis de 550 participantes na IX Milla Solidaria ANEDIA, unha cita xa consolidada no calendario deportivo.

Unha mañán fantástica de domingo, onde nos acompañou o tempo soleado, e moita xente do atletismo, pero tamén familias enteiras facendo deporte.

De verdade que non podemos estar máis agradecidos, comenzando pola Deputacion de Pontevedra coa presencia de Olga García Ballesteros , o Concello de Pontevedra coa presencia de Tino Fernandez e de Marcos Rey Pazos.

Pero sen esquencer a todos os profesionais da Federación Galega Atletismo, que sempre se portan de dez, á nosa voz de hoxe, a gran atleta Lidia Parada, as imaxes de Fotocarlosgrafias, e a axuda incondicional do Atletismo Rias Baixas con Gonzalo Méndez Fraguas ao fronte da parte técnica desta proba.

Pero tamén agradecer ás empresas que nos axudan a que isto sexa posible, e a todas as persoas voluntarias que axudan a que todo saia ben.

A diabetes é unha enfermidade que o único bo que nos trae é xente marabillosa que nos acompaña e nos aporta moito, bicos azuis para todos.

Para o ano celebraremos 10 anos de Milla!