IV XORNADA MEDRANDO CON DIABETES
Xa estamos de volta ca IV edición de MEDRANDO CON DIABETES.
O sábado día 4 de xuño en horario de mañán no Hospital Clínico de Santiago temos unha cita todos os que vivimos con diabetes tipo 1.
Cada vez somos máis os afectados por esta enfermidade e precisamos que se escoite a nosa voz, e escoitar aos profesionais que nos guían neste carreira de fondo na que vivimos todos os días.
Un programa co que intentamos atender as demandas de todos, tanto nenos e nenas como adultos e as familias que tamén conviven coa diabetes.
Contamos con moitas profesionais que nos van a axudar a seguir dando pasiños na nosa xestión diaria, e tamén falaremos das experiencias vitais dos pacientes.
Temos moitas ganas de que chegue o día, e pouco a pouco vos iremos contando máis cousiñas da xornada.
Coma sempre as entradas son gratuitas e están dispoñibles en: https://www.eventbrite.es/e/entradas-iv-xornada-medrando-con-diabetes-anedia-335254724907