Investigación en diabetes desde Galicia: un orgullo compartido


En Galicia temos a sorte de contar cun equipo de referencia na investigación en diabetes liderado por Iria Gómez-Touriño, un grupo que non só avanza na ciencia senón que mantén unha proximidade enorme coa comunidade diabética e co movemento asociativo do que formamos parte en ANEDIA

No CiMUS da Universidade de Santiago de Compostela trabállase cada día para comprender mellor as enfermidades crónicas e, dentro delas, todas as formas de diabetes Un labor rigoroso e constante que suma coñecemento e esperanza e que ademais se acompaña dunha capacidade didáctica que todas as persoas que tivemos ocasión de escoitar agradecemos infinitamente

Recentemente o medio GCiencia publicou unha reportaxe moi completa titulada “O equipo galego que desafía a diabetes tipo 1: ‘O diagnóstico é demoledor’”, onde se recollen os avances do grupo de Iria Gómez-Touriño e a súa importancia tanto a nivel científico como humano Para nós é unha alegría ver recoñecido este traballo e poder compartilo con toda a comunidade
Ligazón: https://www.gciencia.com/saude/o-equipo-galego-que-desafia-a-diabetes-tipo-1-o-diagnostico-e-demoledor/

Iria e o seu equipo colaboraron en numerosas ocasións co noso tecido asociativo participando en actividades formativas e tamén no programa Diabetes Evolution que coordina Teresa Martínez Ramonde Achegan sempre claridade honestidade e unha vontade especial de facer comprensible o complexo algo que valoramos profundamente como pacientes familias e entidade

O venres 28 de novembro teremos unha nova oportunidade de escoitalas na Deputación Provincial de Pontevedra para seguir afondando no que realmente nos importa: a investigación en diabetes e os avances que poden mellorar a vida das persoas que convivimos con ela

Desde ANEDIA animamos a toda a comunidade a acompañarnos neste encontro que será unha nova ocasión para aprender compartir e seguir construíndo pontes entre ciencia e sociedade