
Ana e Lucía, enfermeiras residentes de Familiar e Comunitaria, realizaron unha intevención comunitaria sobre diabetes no Centro de Saúde Virxe Peregrina, en Pontevedra.
Unha iniciativa centrada na educación para a saúde e na prevención, que pon en valor o papel da enfermaría como eixo clave no traballo coas persoas e coa comunidade
Dende ANEDIA queremos felicitalas polo bo traballo, achegando información sobre a diabetes, resolvendo dúbidas e compartindo recursos, nun espazo próximo e accesible que facilita o diálogo e o acompañamento.
Este tipo de accións son fundamentais para seguir construíndo unha sociedade máis informada, consciente e implicada co coidado da saúde.