Inscríbete na X Milla de ANEDIA – Móvete pola diabetes


O domingo día 12 de novembro, terá lugar a – ́ nas pistas do CGTD de Pontevedra, cedidas pola D.X de Deporte
Case 1200 menores viven con diabetes en Galicia, e son miles os adultos afectados pola diabetes, moitos miles! Por iso de seguro que no teu entorno existe algunha familia que convive con diabetes.
Por iso contamos contigo o vindeiro domingo en Pontevedra, con probas para todos !! Desde os máis pequenos da casa ata que o corpo aguante.
Con probas populares para todas as idades e tamén probas para federados, unha ocasión que non podemos perder para darlle visibilidade a unha doenza como a diabetes que está ahí entre nós, día tras día, pero a maioría das veces invisible, axúdanos a que se vexa!
A inscripción é dende a páxina “carreiras galegas.com” e para os clubes dende “atleismo.gal”

Un ano máis isto é posible grazas á colaboración de Atletismo Rías Baixas con Gonzalo Méndez ao fronte na parte técnica e coa colaboración indispensable do Concello de Pontevedra e as empresas Abbott, ViAQUA, Supermercados FROIZ e Torre de Nuñez.
Xa choveu dende a primeira milla, pero ahí estaremos de novo loitando por unha maior calidade de vida para as personas e as familias afectadas pola diabetes.
E unha vez máis contaremos coa colaboración de Fotocarlosgrafias nesta proba.