Incidencia da diabetes tipo 1. GCiencia.

Foto de Iria Gómez Touriño

A incidencia de diabetes tipo 1 entre os menores aumentou de maneira considerable nos últimos 30 anos. A pregunta é: cales son as causas? O seguinte artigo de The Conversation España trata de aclarar esta cuestión . ARTIGO.
O punto fundamental deste artigo é que a diabetes tipo 1 é autoinmune.
Non só notamos un aumento nos nenos senón tamén nas persoas adultas diagnosticadas. Outro factor ao menos en Galicia é que cada vez temos máis casos de diagnóstico en menores de 4 anos. No 2018, non chegaban a 10 os menores de 4 anos diagnosticados, e agora son moitos máis.
De feito a primeira charla formativa deste curso foi onte nunha escola infantil.
Por iso é fundamental a investigación e temos a sorte de contar con un grupo de investigación en Santiago liderado por Iria Gómez Touriño, que estará no Medrando con diabetes para achegarnos máis información.