
Hoxe inauguramos en Silleda a exposición “A Orixe. Diabetes, un camiño de vida”, unha mostra moi especial que nos permite achegar a realidade da diabetes desde unha mirada humana, emocional e próxima
Queremos agradecer especialmente á alcaldesa Paula Fernández Pena, así como á concelleira de Benestar e Sanidade Ángela Troitino, á concelleira de Cultura Mónica González Conde e a Estefanía Tain, de Promoción Económica, polo seu apoio, implicación e por facer posible que esta exposición chegue a Silleda
Grazas tamén a todas as persoas que nos acompañastes nesta apertura, compartindo interese, sensibilidade e cariño arredor dunha realidade que forma parte da vida de tantas persoas e familias
A exposición poderá visitarse ata o 30 de abril na Casa do Concello de Silleda e agardamos que sirva para seguir creando conciencia, empatía e coñecemento sobre a diabetes
Un proxecto cultural que conta coa subvención de @culturadadeputaciondacoruna , e a colaboración de @@pichero_estudio_fotografico Estudio Fotográfico e @a_orixe . Asociación Amigos do Camiño de Santiago
#somostipo1pontevedra
#ANEDIA #Diabetes #AOrixe #Silleda #ExposiciónFotográfica #Concienciación