Inaguración: “A orixe. Diabetes, un camiño de vida”


Este venres chega a Silleda unha exposición que emociona e fai reflexionar 💙

“A orixe. Diabetes, un camiño de vida” abre as súas portas este 📅 10 de abril ás ⏰ 20:00 h na Casa do Concello. Unha mostra fotográfica que pon rostro, historia e sentimento á realidade de moitas persoas e familias que conviven coa diabetes.

💬 Un percorrido visual que busca:
🔹 Sensibilizar
🔹 Dar visibilidade
🔹 Fomentar a empatía
🔹 Achegar coñecemento

👉 Poderás visitala ata o 30 de abril. Non perdas esta oportunidade de mirar a diabetes desde unha perspectiva máis humana e próxima.

🙌 Anímate a asistir á inauguración e a compartir esta experiencia!