O primeiro fin de semana de Outubro as familias que vivimos con diabetes tipo 1 temos unha cita importante en LUGO co III Medrando con diabetes, unha aposta decidida dende ANEDIA e que engloba varias actividades.
2021 é un ano especial para nós xa que celebramos os 100 anos do descubrimento da insulina, e o Hospital Universitario LUCUS AUGUSTI (HULA) celebra o seu X aniversario, así que froito da colaboración imos celebrar esta xornada.
Un ciclo de charlas no HULA presencial en colaboración coa xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. Cun programa que agardamos resulte interesante e donde imos ter relatores de todos os ámbitos para ofrecernos a súa experiencia e saber.
En breve vos iremos contando máis sobre os relatores, un programa só en xornada de mañán e tomando as precaucións necesarias para que podamos volver a compartir experiencias e aprender xuntos.
Pensando nas familias e nos máis novos, teremos unha convivencia de fin de semana no albergue LUG2 en paralelo a este ciclo de charlas, onde combinaremos diversión e formación entre iguais. Con grupos diferenciados de idades e programas específicos. Un programa de actividades feito en Colaboración co Concello de Lugo.
No seguinte enlace tendes o Formulario para rexistro da Xornada e reserva de entradas:
https://forms.gle/UHY2gh3LAoHFtXRM6