III Carreira solidaria Móvete pola diabetes na Pobra do Caramiñal – 27 de xullo de 2024.


O sábado 27 de xullo terá lugar a III Carreira Solidaria Móvete Pola Diabetes organizada por ANEDIA e o Concello da Pobra do Caramiñal, ademais da Deputación da Coruña, en colaboración coa Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo.

Nesta proba deportiva únese a sensibilización sobre a diabetes á poboación xeral e tamén a inclusión social deste colectivo cada vez máis numeroso e que sobrepasa os 1.200 menores en Galicia. Ademáis da propia carreira contaremos coa presenza dunha mesa informativa sobre diabetes onde se poderán facer probas de glicemia e tamén recibir información sobre podoloxía por parte de persoal do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia (COPOGA).

Esta terceira edición conta con dúas novidades relacionadas co medio ambiente froito do interese común de ANEDIA e do Concello, unha é a colaboración con VIAQUA cunha estación de fontes de agua da billa que evita o consumo de envases para o abastecemento dos participantes. A segunda é a presentación dun proxecto de reciclaxe e reutilización de residuos procedentes dos materiais de diabetes que se realiza coa empresa NETCYCLE tamén da Pobra do Caramiñal, o proxecto BETA.

O circuíto habilitarase no tramo de fachada marítima comprendido entre a praza Alcalde Segundo Durán e o peirao comercial. A cita arrancará a partir das 20.30 horas e comprende as categorías dende a sub-6 ata a máster 6, que deberán completa-la distancia que lles corresponda segundo a modalidade. Poderán participar todas aquelas persoas que practiquen deporte, independentemente de que estean federados/as ou non. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 6 de xullo a través da páxina web www.carreirasgalegas.com. Será de balde para as categorías menores e cun prezo de 6 euros para as adultas. Tamén se dispón do dorsal 0, para quen non poida participar, pero desexe igualmente face-lo seu donativo. O recadado irá destinado a subvenciona-los campamentos de verán organizados por Anedia.

Como novidade ademáis realizarase unha intervención en escaparates de establecementos comerciais. Esta última iniciativa en prol da inclusividade, busca visualizar a xestión e presenza no día a día con diabetes a través da representación en maniquís de elementos como sensores e bombas inxectoras de insulina.