III carreira Móvete pola diabetes na Pobra do Caramiñal


O  27 de xullo de 2021 os canadienses  Banting e Best comunicaron  o descubrimento da insulina, dous anos máis tarde foron galardoados co Premio Nobel, con este descubrimento cambiaron o futuro para millóns de persoas.
Este sábado 27 de xullo celebramos a III carreira solidaria MÓVETE POLA DIABETES na Pobra do Caramiñal, e seguimos recordando ese descubrimento que salva as nosas vidas, e agardamos poder celebrar o día que se descubra unha cura para a diabetes, pero de momento queremos darvos as grazas a todos os que estivestedes con nós, presentes ou na distancia, que axudastes a que este proxecto sexa xa unha realidade consolidada.
Na parte deportiva destacar os gañadores absolutos da proba  Xacobe Fontán Martínez e Carol Santos Villalón, podedes atopar todos os resultados neste ENLACE,  grazas á Federación Galega de Atletismo e a Atletismo Barbanza pola súa colaboración neste evento, que contamos que xa vai quedar no noso calendario de verán.
Tamén están dispoñibles xa as fotos de Carlos,  que sempre nos acompaña nos nosos eventos deportivos no noso Facebook  ALBUM  .
ANEDIA medra grazas a todos vós, poñemos a alma no que facemos, pero por sorte contamos con moita xente que nos axuda, día tras día. De corazón, GRAZAS!  💙💙💙