II Congreso de inclusión educativa.


Hoxe estivemos presentes no II Congreso de Inclusión que organizou a Conselleria de Educación.
Un evento que encheu o auditorio do edificio Fontán de mestras e mestres interesados na inclusión real e efectiva de toda Galicia.
Moitas das asociacións que temos convenio coa Consellería de Educación estivemos presentes neste congreso e tivemos a ocasión de poder dar a coñecer o noso traballo a prol da inclusión do alumnado, no noso caso do alumnado con diabetes.
Sabemos que o sistema ten moitos problemas pero tamén e certo que contamos con moito profesorado implicado. Cada curso aumentamos o número de actividades nos coles, as formacións para profesorado e tratamos de adaptarnos sempre ao que se nos pide dendo os centros contando sempre coas familias.
E mentres non podamos curar a diabetes e se convirta nun mal sono, aquí estaremos traballando pola inclusión real na aula.