ANEDIA (Asociación de Nenos, Nenas e Xente Nova con Diabetes) ca axuda da Deputación de Ourense e o Concello de Pereiro de Aguiar organiza este o domingo día 30 de Xaneiro o I Trail do Pereiro e Andaina “ruta Sicenata Pacata”.
Un evento deportivo solidario con motivo dos 100 anos que se acaban de cumprir do descubrimento da insulina, e no mes de Xaneiro de 1922 o seu emprego por primeira vez unha inxección de insulina nun paciente diábetico. A diabetes tipo 1 pasou de ser unha doenza mortal a ser unha enfermidade crónica, e moitos miles de persoas conseguiron un futuro.
A diabetes con todas as súa variantes é unha doenza cada vez máis extendida en todo o mundo, e na que o deporte é fundamental, así como unha boa alimentación e por iso dende ANEDIA coa axuda das institucións máis próximas as persoas, como son as Deputacións e os Concellos, intentamos dar difusión para que esta doenza sexa coñecida e a información sobre o seu tratamento chegue a todos.
Tanto carreira como andaina terán a súa saída e chegada no Campo de Fútbol de O Medo–Vilariño (Pereiro de Aguiar) o vindeiro 30 de xaneiro. Transcorrendo ambas polos montes do concello de Pereiro de Aguiar é o paso pola “Ruta Sicenata Pacata”, nos montes de Vilariño e Parada a parte central tanto do Trail como da Andaina.
Esta ruta forma parte da rede de rutas de senderismo que ven de recuperar o concello de Pereiro de Aguiar. Está situada nas ladeiras do rio Miño, percorrendo camiños tradicionais e sendeiros entre densas carballeiras e pequenos regatos. Busca desta forma o concello poñer en valor os importantes valores epigráficos que esta conten. Destacando por enrriba de todos a denominada “Pedra das Letras” que contén a inscrición “Sicenata Pacata”, a que Ferro Couselo e outros especialistas vincularon coa conquista destas terras por parte do exército romano.
Preto de 450 son os afortunados inscritos para o I Trail do Pereiro e Andaina “ruta Sicenarta Pacata”. Que percorrerán unha distancia de 17 km con preto de 900 m positivos de desnivel no Trail e 7 km na Andaina.
O mércores 26 de Xaneiro tivo lugar a presentación da Proba na Deputación de Ourense, estiveron presentes Luz Doporto Deputada Delegada da dárea de Reto Demográfico, Igualdade e Políticas Sociais da Deputación de Ourense, Luis Menor, alcalde do Pereiro de Aguiar, Luz Oliveira, representante de ANEDIA, Olivier Reboredo responsable técnico da proba.
Podedes seguir toda a información en: https://www.facebook.com/