Hoxe arrincan as sesións presenciais do innovador proxecto ‘Comparte’ en Lugo, unha iniciativa que une patrimonio e saúde impulsado pola Conselleria de Política Social e Xuventude, dentro do marco do programa de INICIATIVA XOVE da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. As persoas participantes de Xente Nova de Anedia e profesionais colaboradores xúntanse nunha xornada lúdico-formativa, coa emblemática Muralla de Lugo e a diabetes tipo 1 como eixes centrais. Esta iniciativa promete ser unha experiencia única para todas as persoas participantes.