Entre as ferramentas de axuda aos coles, unha a destacar é Raquel Queizás, e as súas historias azuis, que mediante dous espectáculos, un para infantil e outro para primaria, visitan moitos coles e outros lugares . Porque temos que estar onde fagamos falla, para informar nas escolas e no entorno das nosas nenas e nenos, de forma lúdica, sobre esta doenza autoinmune, a diabetes tipo 1, da que cada vez hai máis casos.
Sendo os últimos centros visitados o CRA de Vilaboa, CEIP Plurilingüe de Abanqueiro, Pereiro de Aguiar, o Museo MARCO de Vigo, CEIP Carlos Casares de Xinzo, Ceip Ramón de Artaza y Malvarez de Muros , CEIP Os Muiños de Muxía, CPR Salesianos Don Juan Bosco de A Coruña, batindo o record neste centro con 6 sesións nunha soa xornada.
Agradecer a colaboración para estas actividades dos centros educativos e das ANPAS, as que lles temos moito que agradecer. E tamén o apoio económico dos Concellos, como o de Boiro e o de A Coruña.
E recoñecer o apoio económico da Deputación de Coruña a través do Departamento de Cultura en esta e outras iniciativas coas que intentamos que a diabetes sexa visible e informar sobre o que conleva na vida das familias afectadas.
Mil bicos azuis a Raquel Queizás e familia pola súa gran aportación neste eido da cultura e da educación.