HISTORIAS AZUIS EN REDONDELA

Historias Azuis con Raquel Queizás en Redondela

O programa integral SOMOS TIPO1 subvencionado pola Deputación de Pontevedra fai posible levar as Historias Azuis da nosa benquerida Raquel Queizás a coles como este de Redondela, onde todo o alumnado pode participar e aprender.

Neste caso a deputada Olga García Ballesteros foi testigo das emocións que provocan estas actividades, tanto no alumnado con diabetes, como no resto. Chegar dun maneira adaptada cun tema como a diabetes é fundamental para que toda a comunidade educativa aprenda un poquiño sobre esta doenza, e a coñecer como se sinten os seus compañeiros, e como poder axudar.

Curso tras curso, Raquel vai ca súa maleta chea de sabedoría de cole en cole axudando a pintar con un pouco de azul inclusión todos os centros.