O grupo NABIA, foi un dos nosos colaboradores invisibles pero indispensable nesta aventura en Ons.
Sen eles non sería posible ser tan eficaces na loxística. Viaxamos con Naviera Piratas de Nabia que nos xestionaron todos as viaxes, porque aparte das que coñecedes tivemos moitos viaxes extras, de invitados, de voluntariado e de evacuación cando fixo falta.
Tamén contratamos con eles unha habitación de descanso para os monitores, para que puidesen descansar sen sentir as bombas e alarmas por turnos. Nos fixeron o envio de material que se precisaba e nolo acercaron ao campamento…. en fin, que de verdade telos ao noso lado fixo todo máis doádo.
Graciñas!