Galicia investiga. Galicia avanza cara á diabetes cero


A Fundación Diabetes cero continúa impulsando a investigación en diabetes tipo 1 a través das súas bolsas Frontiers in T1D Cure 2025, destinadas a proxectos innovadores que buscan avanzar cara á cura

Entre os proxectos seleccionados atópase o liderado pola investigadora galega Iria Gómez Touriño (@cimususc CiMUS – USC), que contará cun financiamento de 100.000 € para o desenvolvemento de novas liñas de investigación centradas na modificación da enfermidade

Falamos de ciencia, de coñecemento, pero tamén de esperanza

✨ Dende ANEDIA queremos compartir algo que nos fai especialmente felices:
formamos parte deste proxecto como entidade colaboradora

Porque cremos nun modelo de investigación no que as persoas tamén están presentes no que a realidade das familias conta, e no que a colaboración entre entidades e equipos científicos marca a diferenza.

O proxecto de DiabetesCERO non é só financiamento,
é impulso,
é rede
é compromiso real coa cura da diabetes tipo 1

👉 E nós estamos aí, sumando, acompañando, facendo comunidade

💙 Cada paso conta
💙 Cada proxecto achéganos un pouco máis

Máis preto da diabetes cero…..

Tedes toda a info en: https://diabetescero.org/ganadores-frontiers-becas-joven-talento-diabetescero-2025/

#DiabetesCERO #Investigación #Galicia #DiabetesTipo1 #ANEDIA #XuntosPolaCura #INNOD