Galicia dá un paso histórico na detección temperá da diabetes tipo 1


Hoxe La Voz de Galicia recolle unha nova moi relevante para a comunidade da diabetes tipo 1: a primeira administración en Galicia de Teplizumab, un medicamento recentemente aprobado en Europa e aínda non comercializado en España.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelasalud/enfermedades/2026/01/31/galicia-avanza-tratamiento-diabetes-tipo-1-cribado-pacientes-sintomas-administracion-farmaco-frena-enfermedad/00031769876263972575313.htm

O seu uso como medicación compasiva foi posible grazas á colaboración de Sanofi e ao enorme traballo dos equipos de pediatría endocrinolóxica que traballan en diabetes en Galicia, agrupados en PEDIAGAL, así como do conxunto de profesionais do SERGAS e da Consellería de Sanidade.

Cómpre destacar tamén o esforzo que se está a realizar desde hai máis dun ano en programas de cribado voluntario en familiares de menores con diabetes, un paso fundamental cara á detección temperá da enfermidade.

Ademais, Galicia participa actualmente nun ensaio clínico en fase 3 con Teplizumab en Vigo e Santiago, coa colaboración de redes internacionais de investigación como INNODIA, da que forma parte ANEDIA.

Este avance demostra que o traballo en rede entre profesionais sanitarios, investigación, administracións públicas e entidades sociais está a dar resultados reais para mellorar a calidade de vida das persoas con diabetes tipo 1.