Formación en Transición en DM1: Camiño á autoxestión. Proxecto Redes Azuis


Temos o pracer de convidarvos á nosa vindeira formación, impulsada pola Consellería de Política Social e Xuventude. Este evento forma parte do Proxecto Redes Azuis e terá lugar mañá martes, 10 de outubro.

  • Título da formación: “Transición en DM1: Camiño á autoxestión”
  • Ponente: Verónica Padín, recoñecida pediatra endocrina no HULA
  • Horario: 18:00 horas
  • Modalidade: Online a través de Microsoft Teams

Para inscribirvos, enviade un correo a anediagalicia@gmail.com ou chamade ao número 644 31 95 95. Trala vosa inscrición, proporcionarémosvos o enlace para acceder á formación online.

Conectádevos e participade nesta oportunidade única de aprendizaxe e compromiso social.