Este sábado Arrancadeira Pobra vai colaborar con ANEDIA no seu Festival de Nadal. Vai ser no Teatro Cine Elma na Pobra do Caramiñal as 18.30h.
A diabetes non só se vive na familia, por sorte imos gañando en visibilidade e a xente do noso redor coñece mellor a nosa realidade.
Somos testigos da implicación cada vez maior dos centros educativos, dos clubes deportivos, asociacións culturais, concellos, empresas e moitos outros eslabóns da nosa sociedade que van pouco a pouco conformando a nosa rede de seguridade.
En Arrancadeira Pobra non son alleos á nosa realidade, e agradecemoslle ata o infinito este xesto de colaboración. Graciñas por pensar en nós!!
Así que xa sabedes. temos unha cita esta fin de semana:
Sábado, 17 de decembro
18:30 h
Teatro Cine Elma