Felíz Pascua.


Pascua é tempo de ilusión, de roscas e ovos de chocolate, pero sobre todo de compartir momentos en familia e sentirse parte.🥚🐣

Cada ano volve a mesma pregunta despois dun diagnóstico: e coa diabetes, pódese?
A resposta é clara, si, pódese.
Con medida, contando hidratos e co apoio das nais e pais páncreas, que están sempre aí, acompañando e facendo posible que todo encaixe.

Pero o máis importante non é só como se come, senón como se vive.

Porque a diabetes non pode ser unha barreira para participar, para gozar dunha rosca ou dun ovo de chocolate, nin para sentirse incluído. Ese “ti non podes” é o que temos que facer desaparecer.

E isto para pequenos e tamén para os adultos, que a diabetes non desaparece coa idade!

É fundamental aprender a xestionar estas situacións con naturalidade, sen medos nin culpabilidade. Porque detrás dunha relación complicada coa comida poden aparecer problemas máis serios, especialmente en persoas con diabetes.

Coidar a saúde mental tamén é coidar a diabetes. Por iso, acompañar, educar e normalizar segue sendo clave.

Feliz Pascua 💙