
Estivemos na Feira dos Maios no Concello de Verín, cun posto informativo no que compartimos información e atendemos a todas as persoas que se achegaron interesadas en coñecer máis sobre a diabetes.
Foi unha oportunidade para estar preto, resolver dúbidas e seguir facendo visible esta realidade en espazos do día a día.
Aproveitamos tamén a visita para facer entrega á concelleira de Cultura e Educación, Samanta Barreira de exemplares dos nosos libros de Os Nolechas dentro do noso traballo de sensibilización a través do plan cultural
ANEDIA é unha asociación de carácter autonómico e estamos presentes nas catro provincias, traballando de maneira continua en todo o territorio, dende Verín a Fisterra e dende Tui ata Burela.
ANEDIA nace en Pontevedra, pero está alí onde se precisa, así que sexas de onde sexas, aquí estamos para axudar.
Lembrar que o noso proxecto cultural é unha realidade grazas á colaboración de Cultura de Deputación de Coruña.
Seguimos 💙