
No marco do ciclo Falando da Saúde do Concello de Cangas, ANEDIA organiza unha charla aberta ao público na que afondaremos nun tema imprescindible: como afecta a diabetes á saúde mental e emocional.
A diabetes non é só unha cuestión física. O estrés, o medo, a frustración e a presión constante pola xestión da enfermidade poden ter un impacto profundo no benestar emocional, especialmente en nen@s e adolescentes pero realmente en toda a familia. E por iso é tan importante falar, compartir e buscar ferramentas que nos axuden a convivir coa diabetes de forma sa, tamén a nivel mental.
A charla será impartida por Carolina Estival, vicepresidenta da asociación.
Mércores 23 de abril · 19:30h
Concello de Cangas
Un espazo para reflexionar, aprender e, sobre todo, para sentirse acompañad@.
Entrada libre ata completar aforo.
Organiza: ANEDIA en colaboración co Concello de Cangas.