FALAMOS DE DIABETES?

Taller alimentación en Pontevedra

Fai tempo que ANEDIA mudou os seus estatutos, para acoller tamén as persoas adultas con diabetes, pero sin mudar o seu nome. Pouco a pouco imos MEDRANDO en idade, en socios e tamén en servizos as persoas con diabetes tipo 1 e as súas familias.

Así que comenzamos este 2023 con FALAMOS DE DIABETES? , unha charla dirixida a xente nova e adulta con diabetes e por suposto os familiares implicados.

O sábado 14 de Xaneiro, as 11h na Casa Azul de Pontevedra, terá lugar unha charla-taller a cargo de Vanesa Martínez, unha enfermeira e persoa con diabetes cun debut xa sendo profesional sanitaria.

As veces non nos damos conta de todo o que supón a diabetes, e de todas as implicacións das que temos que estar pendentes. Cada diabetes é única, pero as veces non sabemos o suficiente da nosa propia diabetes.

Tamén queremos aproveitar a ocasión para que sirva de punto de partida para máis encontros, polo que vos animamos a asistir, non podedes faltar!

A charla está aberta a todos, socios e non socios, e é gratuita. Inscripcións no correo anediagalicia@gmail.com ou nos números 644 97 14 54 // 644 31 95 95

Lembrarvos que a Casa Azul está na Rúa Sor Lucía, 4 en Pontevedra.

Actividade subvencionada por FEGADI – Federación Galega de Asociacións de Persoas con diabetes. Coa colaboración da Concellería de Benestar Social de Pontevedra.