Na tarde do venres 10 de Marzo, tivo lugar unha charla a cargo de Vanesa Martínez, enfermera experta en diabetes, , ́ ̃.
Unha nova experiencia onde compartir coñecementos e experiencias, onde as persoas con diabetes existentes tiveron ocasión de expoñer os seus problemas e comprobamos unha vez máis que a diabetes e tan particular como as persoas, pero hai un importante punto en común, que é o coñecemento.
Se temos pacientes formados e informados, que son capaces no seu día a día de tomar decisións tendo a información e sabendo aplicar os coñecementos, estamos no bo camiño.
Outro dos camiños importantes é o de compartir entre iguais, unha vía na que temos que traballar cos profesionais, porque é un aporte vital.
Agradecer a Marcos Rey Pazos concelleiro de Benestar Social do Concello de Pontevedra a súa visita a este obradoiro.
Unha iniciativa que contou coa subvención de Fegadi – Federación Galega de Asociacións de Persoas con Diabete e a colaboración da Consellería de Benestar Social.