FACER VISIBLE A DIABETES, colaboración con MISSION SURF SHOP

FACER VISIBLE A DIABETES é un dos obxectivos que nos marcamos con motivo do día Mundial da diabetes.
E este ano queremos que a diabetes se sume as nosas vidas dende os escaparates das tendas, porque na inclusión real a diabetes ten que ter tamén o seu sitio.
Escollemos como tenda “0” a @missionsurfshop en Pontevedra, seguro algún de vós xa veu un enorme aro azul que chama a atención das persoas que pasean pola Peregrina.
Maniquís equipados con sensores e bombas de insulina entre outros elementos están neste escaparate, e no fondo imaxes da actividade de surf realizada coa escola Mission Surf School no campamento deste verán.
🐾 Ademais, temos a colaboración especial da xoguetería Chacon Juguettos, que nos cedeu un can de xoguete para representar aos cans de alerta médica que tamén se empregan en diabetes.
Gustavos a iniciativa? Pois en nada subiremos fotos de máis tendas colaboradoras!!
Tes unha tenda? Pois estamos á túa disposición se agora ou en algún momento decides facer máis inclusivo o teu escaparate.
Esto é a #diabetesReal , sube a túa foto nun escaparate nesta campaña!
#DiaMundialDiabetes #DiabetesTipo1 #Somostipo1 #WDD2023 #diabetesreal #compartediabetes

#vidacondiabetes #xestossolidarios #personascondiabetes #XuntosMáisFortes #COMPARTEDIABETES